Virandeira prosegue a súa andaina polo panorama musical galego co seu segundo álbum, Metamorfose, un disco co que a banda viguesa evoluciona cara un
espectáculo máis xenuino e vital.
Da música celta ao rock, Virandeira aposta máis que nunca pola mestura de xéneros, estilos e sons. Unha filosofía que é aceno de identidade do grupo e que xorde
directamente da variedade de influencias musicais dos seus propios compoñentes.
Eles son: Chema Alonso (gaita), David Oitabén (frautas), André Taboada (violín), Roberto González (guitarras), David Casal (baixo) e Kike Carrillo (batería).